Deixa no comentario o teu nome proposto. Tes ata despois da Pascua para participar.
biblionamorad@s
5 de febreiro de 2024
25 de xaneiro de 2024
CLUBE DE LECTURA DE PROFES
LISTAXE DE LECTURAS PROPOSTAS PARA ESTE TRIMESTRE
ACTUALIDADE
TRILOXÍA DE DOMINGOS VILAR: Ollos de auga. A praIa dos afogados. O último barco
DOMINGOS VILAR: Algúns contos completos
RODRIGO COSTOYA: Misarela
ANTÍA YÁÑEZ: Senlleiras
PAULA CARBALLEIRA: As alumnas (Premio Necional de Teatro 2023)
NARRATIVA/TEATRO CLÁSICO
EDUARDO BLANCO AMOR: A esmorga
RAFAEL DIESTE: A fistra baleira
A. D. R. CASTELAO: Os dous de sempre; Os vellos non deben de namorarse; Cousas e Retrincos.
POESÍA ACTUAL
YOLANDA CASTAÑO: Materia (Premio Nacional de poesía 2023)
ROSA ENRÍQUEZ: Vacastras.Vestíbulo da devastación. Historia do meu corpo en labaradas
ALBA CID: Atlas
OLGA NOVO: Feliz Idade
ORIANA MÉNDEZ: O corazón pronúnciase extenso
PATRICIA BENITO: Primero de poeta
ANTOLOGÍA: Poesía española 1990-2010
POESÍA CLÁSICA
XELA ARIAS. Tigres coma cabalos
MANUEL MARÍA: Terra Cha
F.G. LORCA: Poeta en Nueva York
PABLO NERUDA: Veinte poemas de amor y una canción desesperada
DELMIRA AGOSTINI: Los cálices vacíos
16 de xaneiro de 2024
CLUBE DE LECTURA DE PROFES
Neste mes comezará a súa actividade o Clube de lectura do profesorado do IES Macías o Namorado e estará dirixido polo coordinador da Biblioteca.
O coordinador propondrá un libro de lectura por trimestre, o primeiro dunha lista recomendada da que os membros poderán escoller outro ou propoñer unha lectura non incluida na lista por resultar entretida, interesante, atractiva ou divertida.
Unha vez lido o libro, en lugar de facer unha reunión, comentaremos as nosas impresións e valoracións sobre a lectura no sección PUBLICAR UN COMENTARIO deste blog.
Así, para romper o xeo, comezaremos coa última novela de Pedro Feijoo, Ninguén contará a verdade, Premio Xerais do ano pasado.
6 de xullo de 2023
EXCURSIÓN FIN DE CURSO DO CLUBE DE LECTURA BIBLIOMACÍAS
O día 20 de xuño o alumnado do Clube de Lectua foi de excursión á Coruña . Alumnado e profesorado desfrutamos da Exposición de Picasso no Museo de Belas Artes e, posteriormente, puidemos interactuar, aprender e divertirnos coas actividades que ofrece a Domus.