2 de dezembro de 2011

Premio Cervantes 2011




Concedido ó poeta chileno Nicanor Parra o Premio Cervantes 2011.


Picando na súa fotografía, podes ver e escoitar a súa obra.
Aquí tedes unha pequena mostra dunha poesía. Se queres lela enteira, accede desde o seu nome.

Manifiesto
Señoras y señores
Esta es nuestra última palabra.
-Nuestra primera y última palabra-
Los poetas bajaron del Olimpo.
Para nuestros mayores
La poesía fue un objeto de lujo
Pero para nosotros
Es un artículo de primera necesidad:
No podemos vivir sin poesía.







28 de novembro de 2011

Liñas de fuga : De ratos e de homes



Primeiro obxectivo conseguido; imos polo segundo: De ratos e homes , de John Steinbeck, é o seguinte libro proposto para o club de lectura dos maiores. Xa podedes collelo na biblioteca e comezar a lelo. Seguro que vos gustará tanto coma o anterior!

14 de novembro de 2011

Tres novedades

Temos tres novas historias gráficas á vosa disposición na biblioteca. Se queredes lelas non tedes máis que pedilas. Son estas:



O burato do inferno, de José Manuel Trigo e Ramón Trigo
















De profundis, de Miguelanxo Prado


As serpes cegas, de Felipe Hernández Cava e Bartolomé Seguí

27 de outubro de 2011

UN LIBRO DE JEAN GIONO PARA OS MÁIS NOVOS

Xa tivemos a primeira reunión do club de lectura. A asistencia foi abondosa pero algúns despistadiños esquenceron a data e a responsable do club tivo que ir buscalos polo instituto ou viñeron noutro momento á procura do libro e do" caderno de viaxe".
Como xa estaba postado, para o segundo grupo ofertouse o libro Si tú me dices ven lo dejo todo....pero dime ven. O primeiro grupo, o dos máis novos, lerán o libro El hombre que plantaba árboles ; como este xa o tiñan lido algúns, cambiouselles por La invención de Hugo Cabret.

Para tratar o libro El hombre que plantaba árboles, reunímonos este venres 11 no 1º recreo na biblioteca. No 2º recreo veremos a película.

23 de outubro de 2011

A Biblioteca convoca o III Certame de microrrelatos

 SEMANA DO TERROR


Terror 2011 on PhotoPeach

III Certame de microrrelatos Macías o Namorado
“A Casa de Cadavid”
Corren rumores de pantasmas, meigas, espíritos e demais entes nos arredores do instituto Macías o Namorado. Que hai de verdade?
Dende a biblioteca propoñémosche que nos achegues información sobre este tema. Podes facelo de dúas maneiras:
Velaí as bases:

Modalidade A: Traballo de investigación1. Recollerás información acerca da Casa de Cadavid e todo o que dela se di: a lenda e a realidade. Poderás preguntarlles aos veciños do lugar, aos vellos que saben a historia, mesmo ás pedras se consegues que che falen…
2. Indicarás a idade e nome dos informantes, así como a relación de parentesco e o lugar ao que pertencen.
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5.
5. Na portada figurarán o título e o seudónimo do autor ou autora.
6. Entregarase unha copia en papel e outra en formato dixital (CD). Ambas as dúas deberán introducirse nun sobre grande en cuxo exterior figurará a modalidade elixida, o título e o seudónimo.
7. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
8. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.

Modalidade B: Relato fantástico1. Redactarás un texto de terror que teña por tema a Casa de Cadavid.
2. Terá unha estensión exacta de 20 liñas (sen contar o título).
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5
5. Entregaranse dúas copias do microrrelato nun sobre grande no que figurarán a modalidade elixida, un seudónimo e o título do relato.
6. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
7. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.


O premio (uno para cada modalidade) fallarase a principios de decembro e o gañador ou gañadora levará un agasallo terrorífico.

17 de outubro de 2011

O libro do mes: Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven


Para este ano, o equipo da biblioteca decidiu recomendar un libro por mes cunha pequena reseña. Para este mes eliximos Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven, de Albert Espinosa. Además, será o primeiro libro do club de lectura, Liñas de Fuga. Podes entrar na páxina web do autor (é preciosa) para saber máis de él.
O libro trata unha historia tenra, pero nunca cursi; cunha estructura moi orixinal e nada forzada; cunha chea de frases para pensar...
Disfrutádeo.

Imaxe:potablava13.blogspot.com

4 de outubro de 2011

Empeza un novo curso

Prefeririamos outra fotografía para ilustrar o comezo do curso, pero a realidade é esta: folgas, manifestacións, concentracións, paros... e aínda estamos no inicio.

Pola defensa do ensino público e en contra dos recortes que se veñen facendo na nosa comunidade, concentrámonos hoxe pais, nais, alumnado e profesorado do IES Macías o Namorado. Tamén tivemos o apoio doutros centros da zona que, coma nós, protestan polo abandono que vén sufrindo o ensino público e polo detrimento da figura do profesorado, levados a cabo polas autoridades educativas con declaracións que evidencian o descoñecemento do labor que fai o profesorado e co aumento de tarefas baixo a aparencia da reorganización do noso traballo.


Desde o equipo da biblioteca queremos darvos, de todolos xeitos, a benvida ao novo curso.

17 de fevereiro de 2011

O club de lectura visita a Fundación Torrente Ballester

Despois de asistir á Fundación, foron a Caixa Galicia para ver unha exposición de pintura contemporánea vangardista
propiedade de Aena .


























Estas son algunhas das imaxes do alumnado que visitou Caixa Galicia. Moitos asistiron a un obradoiro artístico.

3 de fevereiro de 2011

Día 30 de xaneiro: Día da PAZ

Durante toda esta semana celebramos o Día da Paz. Na biblioteca podes escoitar música para a paz e ver caligramas que teñen este mesmo tema, feitos en distintos idiomas por alumnos e alumnas do centro.

Aquí tes un poema que fala de paz e amor na terra.

A ILLA EN REBELION

Soño
cun mundo no que o ser humano
xa non desprecie o ser humano
onde reine o amor na terra
onde adorne a paz os camiños.
Soño cun mundo no que todos
se diexen ir polas sendas doces da liberdade,
onde a cobiza non ensombreza os nosos días.
Soño cun mundo no que brancos e negros
sexa cal sexa a vosa raza,
compartan os dons da terra,
onde todo ser humano sexa libre,
onde a miseria vergonzante agachará a cabeza,
e a ledicia como unha perola preciosa,
colmará os anhelos da humanidade.
Velaiqui o mundo co que soño.

Langston Hughes

20 de janeiro de 2011

Club de lectura


Xa tivo lugar a primeira reunión do club de lectura de 1º de ESO o pasado luns 17 de xaneiro no primeiro recreo. Tratouse o libro Rapazas, de Agustín Fernández Pas. O próximo será O bebé máxico , de Rivadulla, e esperamos que lles guste tanto coma o anterior.
O xoves 27 de xaneiro , no segundo recreo, trataremos co grupo dos maiores a obra de Torrente Ballester Crónica del rey pasmado.

13 de janeiro de 2011

Concurso de poesía en castelán

Quen non escribiu algunha vez un poema? Quen non sentiu a tristeza , o amor, o desengano, a ledicia, o despertar dos sentidos?


O Departamento de Lingua Castelá ten convocado un concurso de poesía , de tema libre, ó que se poderá concurrir ate o 31 de xaneiro.


As bases podes lelas en calquera das aulas de Lingua Castelá e nos taboleiros do Centro.