27 de outubro de 2011

UN LIBRO DE JEAN GIONO PARA OS MÁIS NOVOS

Xa tivemos a primeira reunión do club de lectura. A asistencia foi abondosa pero algúns despistadiños esquenceron a data e a responsable do club tivo que ir buscalos polo instituto ou viñeron noutro momento á procura do libro e do" caderno de viaxe".
Como xa estaba postado, para o segundo grupo ofertouse o libro Si tú me dices ven lo dejo todo....pero dime ven. O primeiro grupo, o dos máis novos, lerán o libro El hombre que plantaba árboles ; como este xa o tiñan lido algúns, cambiouselles por La invención de Hugo Cabret.

Para tratar o libro El hombre que plantaba árboles, reunímonos este venres 11 no 1º recreo na biblioteca. No 2º recreo veremos a película.

23 de outubro de 2011

A Biblioteca convoca o III Certame de microrrelatos

 SEMANA DO TERROR


Terror 2011 on PhotoPeach

III Certame de microrrelatos Macías o Namorado
“A Casa de Cadavid”
Corren rumores de pantasmas, meigas, espíritos e demais entes nos arredores do instituto Macías o Namorado. Que hai de verdade?
Dende a biblioteca propoñémosche que nos achegues información sobre este tema. Podes facelo de dúas maneiras:
Velaí as bases:

Modalidade A: Traballo de investigación1. Recollerás información acerca da Casa de Cadavid e todo o que dela se di: a lenda e a realidade. Poderás preguntarlles aos veciños do lugar, aos vellos que saben a historia, mesmo ás pedras se consegues que che falen…
2. Indicarás a idade e nome dos informantes, así como a relación de parentesco e o lugar ao que pertencen.
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5.
5. Na portada figurarán o título e o seudónimo do autor ou autora.
6. Entregarase unha copia en papel e outra en formato dixital (CD). Ambas as dúas deberán introducirse nun sobre grande en cuxo exterior figurará a modalidade elixida, o título e o seudónimo.
7. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
8. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.

Modalidade B: Relato fantástico1. Redactarás un texto de terror que teña por tema a Casa de Cadavid.
2. Terá unha estensión exacta de 20 liñas (sen contar o título).
3. Poderás acompañalo con debuxos e fotografías, e darlle o aspecto que che pareza.
4. Estará escrito en letra Arial ou Verdana, tamaño 12p., con un interlineado de 1,5
5. Entregaranse dúas copias do microrrelato nun sobre grande no que figurarán a modalidade elixida, un seudónimo e o título do relato.
6. No mesmo sobre introducirase un sobre pequeno coa seguinte información: nome e apelidos , curso e grupo (dentro); modalidade e seudónimo (fóra).
7. Os exemplares entregaranse na Biblioteca do centro durante o segundo recreo de calquera día do mes de novembro.


O premio (uno para cada modalidade) fallarase a principios de decembro e o gañador ou gañadora levará un agasallo terrorífico.

17 de outubro de 2011

O libro do mes: Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven


Para este ano, o equipo da biblioteca decidiu recomendar un libro por mes cunha pequena reseña. Para este mes eliximos Si tú me dices ven, lo dejo todo... pero dime ven, de Albert Espinosa. Además, será o primeiro libro do club de lectura, Liñas de Fuga. Podes entrar na páxina web do autor (é preciosa) para saber máis de él.
O libro trata unha historia tenra, pero nunca cursi; cunha estructura moi orixinal e nada forzada; cunha chea de frases para pensar...
Disfrutádeo.

Imaxe:potablava13.blogspot.com

4 de outubro de 2011

Empeza un novo curso

Prefeririamos outra fotografía para ilustrar o comezo do curso, pero a realidade é esta: folgas, manifestacións, concentracións, paros... e aínda estamos no inicio.

Pola defensa do ensino público e en contra dos recortes que se veñen facendo na nosa comunidade, concentrámonos hoxe pais, nais, alumnado e profesorado do IES Macías o Namorado. Tamén tivemos o apoio doutros centros da zona que, coma nós, protestan polo abandono que vén sufrindo o ensino público e polo detrimento da figura do profesorado, levados a cabo polas autoridades educativas con declaracións que evidencian o descoñecemento do labor que fai o profesorado e co aumento de tarefas baixo a aparencia da reorganización do noso traballo.


Desde o equipo da biblioteca queremos darvos, de todolos xeitos, a benvida ao novo curso.