27 de fevereiro de 2012

Sempre Rosalía

Despois de 175 anos do seu nacemento, lembramos a figura de Rosalía de Castro e da súa obra.
Escoita Unha vez tiven un cravo ; este é o poema que condensa mellor que ningún a insatisfacción romántica.
E, de Cantares gallegos, o nostálxico Adiós, ríos; adiós, fontes

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Sempre Rosalía on PhotoPeach

13 de fevereiro de 2012

14 de febreiro... Oh, l´amour!


Queres divertirte un pouco? Ven á biblioteca nos dous recreos e tenta armar os rompecabezas que encontrarás na caixa do amor.
Se o consegues, terás dereito a un regalo amoroso que che entregará a persoa encargada da biblioteca á quen lle ensinarás o corazón poético armado.
Sorte ... no amor!
Namorados 2012 on PhotoPeach

Charles Dickens, 200 aniversario


Cúmprese este ano o douscentos aniversario do nacemento de Charles Dickens, o escritor inglés autor de obras inesquecibles , como Conto de Nadal, Grandes esperanzas, Oliver Twist, e un longo etcétera que podes ler con so un clic.
Para saber da sua vida, pincha na palabra e , para acceder á sua obra, tes unha mostra na primeira citada (para desplazarte pola obra, vai poñendo o cursor por riba dos capítulos). Se , despóis, queres ler outras, non tes máis que buscar na páxina da wikipedia.

6 de fevereiro de 2012

Falamos de amor



CONCURSO DE ACRÓSTICOS DE AMOR

A biblioteca convoca o 1º concurso de acrósticos amorosos. Como hai que facer?

1. Elixe o título dun libro que trate de amor ( Los amantes de Teruel, Romeo e Julieta, Romance de Micomicon…).

2. Pon en vertical as letras que o compoñen, para formar logo versos acrósticos.

3. Colle un libro de poemas dun autor que che guste.

4. Vai trasladando ó teu acróstico un verso que empece coa primeira das letras do título que elexiches; logo, outro que comece coa segunda; e así, sucesivamente. Ten en conta que cada un dos versos que traslades debe ter algo que ver co amor, para que ó final teñas un poema amoroso.

5. Escribe o teu poema resultante nun folio (emprega o ordenador e a impresora) e ponlle un título.

6. Méteo nun sobre grande no que porás o título do teu poema e un pseudónimo

( co que ocultarás o teu nome verdadeiro).

Tamén no mesmo sobre meterás outro pequeño no que porás o mesmo que puxeches no grande; pero, dentro diste, meterás unha folla na que escribirás o teu nome verdadeiro e o curso ó que pertences.

7. Entrega este sobre pechado na biblioteca en calquera dos recreos. Tes de prazo até o día 17 de febreiro.

8. O gañador ou gañadora (so haberá un premio) recibirá un agasallo MOI AMOROSO, o venres 2 de marzo no segundo recreo.


SORTE !!!