17 de dezembro de 2013

RECOMENDACIÓN DE LECTURAS PARA O NADAL


O primeiro trimestre está rematado. Todos e todas disfrutaremos das vacacións e, coma sempre, desde a biblioteca facémosvos chegar as nosas suxestións de lecturas para estos tempos de frío.

Aproveitade para deixarvos levar....

BO NADAL A TODOS E TODAS





27 de novembro de 2013

Elena Poniatowska Premio Cervantes 2013



Aos  seus 81 años, Elena Poniatowska gañou este martes o Premio Cervantes, o quinto para un mexicano e o primeiro para unha mexicana. É a cuarta escritora galardoada en 37 años, despois das  españolas María Zambrano (1988) e Ana María Matute (2010) e a cubana Dulce María Loynaz (1992).


O premio Cervantes  honra a literatura e o compromiso da escritora e xornalista  mexicana
O seu libro máis célebre é La noche de Tlatelolco, un duro testemuño da represión contra estudantes do 2 de outubro de 1968, unha data gravada con sangue na historia mexicana. “Debería conmemorarse oficialmente, unha data de loito nacional”, di. A 10 días dos Xogos Olímpicos de 1968, a tarde do 2 de outubro, durante un mítin estudiantil, un grupo paramilitar formado por francotiradores apostados nos tellados dos edificios cercanos abriu lume. Houbo decenas, centos de mortos. Ninguén o sabe con exactitude.

Aquí vos deixamos un fragmento do seu libro, tan fermoso como arrepiante:

"Son muchos. Vienen a pie, vienen riendo. Bajaron por Melchor Ocampo, la Reforma, Juárez, Cinco de Mayo, muchachos y muchachas estudiantes que van del brazo en la manifestación con la misma alegría con que hace apenas unos días iban a la feria; jóvenes despreocupados que no saben que mañana, dentro de dos días, dentro de cuatro estarán allí hinchándose bajo la lluvia, después de una feria en donde el centro del tiro al blanco lo serán ellos, niños-blanco, niños que todo lo maravillan, niños para quienes todos los días son día-de-fiesta, hasta que el dueño de la barraca del tiro al blanco les dijo que se formaran así el uno junto al otro como la tira de pollitos plateados que avanza en los juegos, click, click, click y pasa a la altura de los ojos, ¡Apunten, fuego!, y se doblan para atrás rozando la cortina de satín rojo. 

El dueño de la barraca les dio los fusiles a los cuicos, a los del ejército, y les ordenó que dispararan, que dieran en el blanco, y allí estaban los monitos plateados con el azoro en los ojos, boquiabiertos ante el cañón de los fusiles. ¡Fuego! El relámpago verde de una luz de bengala. ¡Fuego! Cayeron pero ya no se levantaban de golpe impulsados por un resorte para que los volvieran a tirar al turno siguiente; la mecánica de la feria era otra; los resortes no eran de alambre sino de sangre; una sangre lenta y espesa que se encharcaba, sangre joven pisoteada en este reventar de vidas por toda la Plaza de las Tres Culturas."

E tamén uha entrevista:




8 de novembro de 2013

A CIENCIA NO DÍA A DÍA



O Día 4 de novembro celébrase desde hai catro anos o Día da Ciencia en Galego, adicado nesta ocasión á Arte e á Ciencia na nosa lingua. Co gallo desta celebración, tentando de unir Arte e Ciencia a Biblioteca organiza durante o mes de novembro un Concurso de Fotografía Científica co título A CIENCIA NO DÍA A DÍA.
Aquí tendes as BASES:


Nos taboleiros e as aulas do centro tendes toda a información. Preguntade na biblioteca e animádevos a participar. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS REMATA O DÍA 11 DE DECEMBRO



Carlos Taibo no Macías




O vindeiro mércores 13 de novembro visitará o noso centro Carlos Taibo,  profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid, para impartir unha conferencia nunha actividade programada polo Equipo de Normalización Lingüística.

Falará co noso alumnado de Bacharelao e Ciclos sobre O DECRECEMENTO: Como mudar hábitos na sociedade actual. 
Carlos Taibo é un firme partidario dos movementos antiglobalización e apoiou o levantamento de protesta do 15-M.  Criticou a asociación establecida nas sociedades capitalistas entre crecemento económico e sociedade do benestar.



Tedes unha completísima información sobre Carlos Taibo e a súa  obra na súa páxina web

 http://www.carlostaibo.com/index.php?lang=eu


30 de outubro de 2013

Día da Ciencia en galego


Este luns 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia En Galego.
dedicado a visibilizar o papel da Ciencia e a da Tecnoloxía na Cultura Galega. A celebración realízase desde hai catro  anos en toda Galicia o mesmo día cunha serie de actividades (conferencias, obradoiros, exposicións,...) que podedes consultar pinchando na imaxe.


Este ano en concreto inclúense tamén as artes neste día da ciencia que se centra nas figuras de Richard Buckminster FullerFlorence Nightingale e Isaac Díaz Pardo,  personaxes nos que podemos ver reflexado o papel determinante dos coñecementos artísticos, científicos e tecnolóxicos na vida cultural e na evolución dos pobos. 

E por último unha canción  de Aid para gozar da ciencia e da Arte en galego, 




COÑECE A TÚA BIBLIOTECA

O 24 de outubro celebrouse o Día da Biblioteca Escolar. Por coincidir co día da folga trasladamos a nosa tradicional actividade "Coñece a túa biblioteca" ao pasado luns 28.
Como todos os anos o alumnado de 1º de ESO baixou a coñecer o funcionamento da súa biblioteca mediante un xogo de busca que realizaron con entusiasmo.


   



22 de outubro de 2013

Día da Biblioteca Escolar




O 24 de outubro celébrase cada ano o Día da Biblioteca Escolar.

O lema elixido para este ano, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. 

A ilustración do cartel commemorativo que edita  a Consellería é de Patricia Castelao.




  




















Para celebrar este día achégate a biblioteca e disfruta coa nosa exposición Ler ten Ciencia e coas distintas actividades programadas.





Alice Munro, premio nobel de literatura 2013


      A escritora canadiana, Alice Munro, foi galardoada co Nobel de Literatura 2013. O xurado referiuse a ela como " a mestra do relato curto". Está considerada como unha das escritoras actuais máis destacadas da lingua inglesa pola súa particular visión da condición humana.
     Súa nai era profesora e seu pai granxeiro. Comezou a estudar xornalismo e filoloxía inglesa na universidade de Ontario, pero abandonou os estudos ao casar co seu primeiro home en 1951.
Comezou a escribir na súa xuventude publicando en varias revistas , pero non publicou o seu primeiro libro  Dance of the Happy Shade até 1968, co que obtivo moi boas críticas en Canadá.
   Aclamada pola  claridade do seu estilo narrativo e o  realismo psicosocial, algúns críticos considérana a Chejov actual.
     As súas historias polo xeral  desenvólvense en pequenas localidades, onde a loita  por unha vida socialmente aceptable provoca relacións tensas e conflictos morais. Os seus  textos  contan representacións da vida cotiá, pero afrontando acontecementos decisivos.


            



" Soemos dicir que hai cousas que non se poden perdoar, ou que nunca poderemos perdoarnos. E con todo facémolo, a todas horas".
Alice Munro. 'Vida querida',

Para disfrutar dalgún relato completo da autora pinchade aquí.

14 de outubro de 2013

Sen agardar a Ulises



Comezamos o curso cunha boa nova.
O noso querido compañeiro Manolo Lorenzo Baleirón publica novo libro: Sen Agardar a Ulises. Vida de Rosalía, unha biografía actualizada da escritora que recolle novos e moi curiosos datos sobre a mesma. É tan actual que mesmo incorpora na portada a imaxe máis recente que se coñece da autora. 




Trátase, ademáis,  dunha obra plurilingue  que podedes ler en galego, castelán, francés ou inglés. Agardamos que todos e todas vos animedes a disfrutar de Rosalía da man de Manolo.
Para abrir boca:

"..En abril de 1856 marcha para Madrid, acaso para completar a súa formación, aínda que se aducen motivos tan diversos como a resolución de negocios da familia(....), a partida despois do Banquete de Conxo, a procura de traballo ou mesmo a decisión da propia escritora de seguir a Murguía, se é certo que o coñece nos veráns do Liceo, cando el o frecuentaba. De ser así quedaría claro o seu temperamento independente, pero só podemos facer suposicións."

Se pinchades sobre a foto da portada poderedes ver unha entrevista co autor presentando a súa obra.

2 de outubro de 2013

Ola!, aquí estamos de novo


Benvid@s ao novo curso 2013/14.

Comezamos unha nova andaina coa ilusión de poder compartir novas lecturas e novos proxectos. Seguimos en liñas de fuga, o noso club de lectura que desexamos teña o éxito de actividades e lectores obtidos o ano pasado. Ilusión non nos falta, e para abrir boca nada mellor que unha canción que nos transmite optimismo.

10 de junho de 2013

Recomendacións de Lecturas para o Verán

O curso está case rematado. Aínda queda o último tirón pero coas merecidas vacacións xa petando á porta. 
Coma sempre queremos deixarvos as nosas recomendacións de lecturas para que disfrutedes aínda máis do desexado verán. Ao SOL ou á sombra non desaproveitedes a ocasión de deixarvos acompañar por un libro.

Felices vacacións a todos e todas!

6 de junho de 2013

E agora que?

O alumnado de 2º de Bac. rematou xa o curso. Algúns teñen pensado presentarse a Selectividade para continuar estudos na Universidade ou nos Ciclo Superiores. A eles vai dedicado este espazo con tres enlaces que lles poden ser de utilidade. Moita sorte a todos e a todas!!!
  





30 de maio de 2013

Que che pareceron as pegadas?

Agora tes a oportunidade de contarnos cal das pegadas che gustou máis, se atopaches dúas que coincidiran do mesmo libro, se che pareceron ben feitas, se participaches ou se quedaches ás portas, se che pareceu unha boa forma de fomentar a lectura e, sobre todo, se puideches comprobar cantas desas obras tiñas xa lidas.
Entra en comentarios e deixa o teu contestando a algunha destas preguntas ou deixando o comentario que queiras. Entre todos e todas podemos facelo mellor. Ánimo!!!

27 de maio de 2013

Entre o Libro e as Letras

Estamos de festa! As pegadas dos vosas lecturas enchen a entrada do instituto, baixan as escaleiras e chegan até a biblioteca onde podedes atopar unha mostra dos libros que máis gustaron ó alumnado e ó profesorado.
Temos escollido algúns dos máis salientables para ilustrar esta noticia e para agradecervos o traballo que neles se advirte: non so aparecen os textos dos libros, tamén a vena artística que moitos e moitas quixéchedes deixar neles. Non están todos, pero nesta pequena mostra queremos darvos os parabéns por colaborar nunha actividade tan fermosa. Que se repita!!!




16 de maio de 2013

O noso trimestre positivo

Chega por fin  o trimestre positivo!!!!!
Os relatos positivos de gran parte do alumnado estiveron estes días expostos polas escaleiras do Centro. Moitos e moitas disfrutaron lendo o que outros escribiron: o día no que chegou a súa mascota, un momento campestre en familia, unha viaxe soñada ...
Por un tempo, a crise ficou aparcada. Grazas a todos e a todas. Con todos os traballos faremos un libro que estará na biblioteca.

2 de maio de 2013

Libros que deixan pegada

Nos próximos días recibiredes do voso profesorado a petición de que sinaledes un libro que vos gustase moito e que poñades unha frase del nun papel . Con todos os textos que traiades faremos un camiño que paseniñamente dirixirá os vosos pasos... Onde? Se queredes sabelo non tedes máis que seguir as pegadas que atopedes.

25 de abril de 2013

Eusebio Lorenzo Baleirón

A exposición de Seoane rematou e deu paso á de Eusebio Lorenzo Baleirón, poeta nado en Laiño (Dodro) en 1962 e de cuxo pasamento cúmprese o 26 cabodano.
Ademáis da exposición, o alumnado do IES recibiu unha charla sobre a obra e a vida do escritor por boca de quen mellor o coñecía, o seu irmá, e compañeiro noso, Manuel Lorenzo Baleirón que nunha charla amena desgranou a vida e a obra do poeta, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, e que loitou polo emprego do galego na súa vida e na súa obra. Esta última, Os días olvidados, O corpo e as sombras, O libro das viaxes e dos soños e A morte presentida,  podedes consultala nos libros que figuran na entrada do salón de actos.
A actividade foi programada polo departamento de Normalización Lingüística.
Parabens

Seoane e os poetas



Exposición en grandes carteis, que co título 1936: Seoane e os poetas fronte á "sublevación", achega a obra do pintor Luis Seoane, nunha edición facsimilar  de trece estampas realizadas en Bos Aires en 1937, mesturada coa obra dos escritores que se enfrontaron á dictadura coa palabra; entre eles, Antonio Machado, Rafael Alberti, Pablo Neruda, Ramón Cabanillas, Castelao, o Valentín Paz Andrade entre outros.
A actividade, organizada desde a biblioteca, contou coa colaboración dos departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Galega e Lingua Castelá.

8 de abril de 2013

Club de Debate

O pasado sábado 6 de abril un grupo de alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato do noso centro participou na final da Fase Comarcal do Club de Debate celebrada en Ames.


O tema  do debate foi "As redes sociais favorecen a comunicación e relación entre as persoas?"

Actuaron como oradores Xiana Rodríguez e Julio Esparís, có apoio de Isabel Antelo, Ángela Precedo. Xulia Gil, Mariña Amo, Noelia Gómez e Andrea Forján que formaban  o equipo.






















Fixeron unha extraordinaria actuación que os levou a acadar o cuarto posto dun total de catorce equipos participantes. Parabéns e Grazas a tod@s!!

5 de abril de 2013

Boletín de Actividades. 2º Trimestre

Aquí vos deixamos o Boletín Informativo das actividades levadas a cabo na biblioteca no Segundo Trimestre:

4 de abril de 2013

Premios do concurso de micropoemas

Grazas a todos e a todas polas vosas aportacións ao Concurso da Botica das palabras. Grazas tamén á profesora Rosa Enríquez pola súa colaboración. Aquí están o primeiro e segundo premios de cada categoría, tamén os accésits, que consideramos merecedores de figurar.



A sinxeleza

            Abre as palabras por dentro

garda a semente e a beleza.

Por iso ti – ao falares tan limpo –

tes a flor do lirolai no peito.

            Asombras ás nubes.
 Rosa Enríquez

Categoría A (1º e 2º ESO)
1º PREMIO: Lucía Castro Oliveira (1º B) 
As cinzas do pasado,
dos recordos queimados, 
nestre intre están calados.

2º PREMIO: Carlota Gómez Basadre (1º B)
En mis noches de insomnio,
altas están las estrellas;
en mis noches en vela,
la nieve cae
y arde el fuego a mi vera.  

Categoría B (3º, 4º ESO, 1ºBac) 
PREMIO: Paula Antía Rey Baliña (4º ESO)
Pasear
polo  teu sangue.
Atopar abismos
de incontinencia
verbal. 

 2º PREMIO: Brais Castaño (1º Bac)      
Eternidad amargada
sonaba triste , apagada
la mañana se abre,
existo.
Mujeres felices en la playa,
pájaros sumergiéndose.
La tarde se apaga,
existo.
Eternidad insomne
tú, eterna, feliz y suave
me haces sentir que
existo. 

Categoría A
Accésit: David Vidal Miguéns (1º B) 
Sei que existes,
espero e espero,
pero sempre chegas tarde.

Categoría B
Accésit: Andrea Forján Miguéns, Martín Rubines Miguéns y Xulia V. Gil Miguéns (1º Bac)
Existencia rota
nunha tarde imposible
na que sempre espero
a importante lembranza
daquela néboa azul.
Accésit: Mariña Amo Seco e Andrea Iglesias Pérez (1º Bac)
Pasan as tardes amargas
contemplando ese aleteo
daquelas bolboretas claras
tecendo unha luz no ceo.

Pasan as tardes eternas
recordando aquel pasado
cheo de voces de nenas
aquel recordo apagado.

Pasar as tardes tempradas
facendo a espera da noite,
muller de cara dourada,
nai que ilumina esa noite