28 de fevereiro de 2013

Obradoiro de poesía

O alumnado de 4º de ESO asistiu esta semana a un obradoiro de poesía impartido pola poeta Estíbaliz Espinosa. A biblioteca foi o recinto elexido pola profesola de Galego, que organizou esta actividade,  para iniciar ós seus alumnos e alumnas no mundo da poesía.

A escritora Núria Pradas no Macías

O alumnado do Club de Lectura asistiu a un encontro coa escritora, e antes profesora, catalana Nuria Pradas despois de ler un dos seus libros centrados no mundo dos exipcios, Heka, un viaje mágico a Egipto.
Durante unha hora que soupo a pouco, os alumnos e alumnas preguntaron todo aquelo que un quere saber cando ten diante a alguén que vive da literatura: se iba continuar a triloxía que empezara con este libro, se se inspirara en personaxes reais, se botaba de menos o ensino... E a que non podía faltar: "Que consello lle darías a alguen que quera ser escritor?" Ao que ela contestou:" Formarse, ler moito e , sobre todo, paciencia, paciencia , paciencia.."

A escritora, antes de partir , asinou no libro de honra da biblioteca e deixounos un exemplar coas súas verbas.
Esperamos que este non sexa o derradeiro encontro con creadores de historias; queremos invitar a poetas, contacontos, periodistas... en fin , a quen teña que ver co mundo da cultura ou da comunicación.
Paciencia, paciencia, paciencia...

Como chove miudiño

No 150 aniversario de Cantares Galegos, o IES Macías o Namorado súmase ós actos conmemorativos co recitado de poemas da escritora. Desde o pazo de Hermida de Lestrobe, as alumnas deste instituto lembran a Rosalía.

21 de fevereiro de 2013

150 anos de Cantares galegos

Cúmprense este ano os 150 da publicación de Cantares galegos, a obra de Rosalía de Castro que serviu para nomear o 17 de maio Día das Letras Galegas, tomando a data da dedicatoria que nel figura; e os actos conmemorativos sucédense na nosa Comunidade.
O noso instituto non podía ser alleo a este evento, e,  á exposición que o departamento de Normalización Lingüística nos invita a visitar na entrada do Centro, únese a actividade programada para o martes 26 de febreiro, un Roteiro Rosaliano seguindo a pegada da autora polos lugares da súa vida e obra en Padrón: casa onde nasceu, Pazo de Arretén, cemiterio de Adina...
Bó momento para acercarse á Casa Museo, aínda que só sexa virtualmente.

7 de fevereiro de 2013

Tamén hai boas historias (Actividade en proceso)

Porque  non todo van ser desgracias, corrupción ou desemprego, porque a vida tamén se nutre de pequenas cousas que nos fan sorrir, porque somos un pobo optimista que non se achanta, porque saímos á rúa aínda que chova e porque preferimos gañar con verbas antes que con armas... Por iso estamos a preparar unha actividade na que todos seremos protagonistas, na que ti e a túa historia feliz seredes quen de contaxiar os demais un chisquiño de ledicia que lles faga esquecer , aínda que só sexa por un intre, o desacougo.

Cando a actividade estea rematada, poderás vela tamén aquí. Alá vai un adianto:
O importante nesta vida e ter os pés quentes e patacas no faiado