28 de febreiro de 2013

A escritora Núria Pradas no Macías

O alumnado do Club de Lectura asistiu a un encontro coa escritora, e antes profesora, catalana Nuria Pradas despois de ler un dos seus libros centrados no mundo dos exipcios, Heka, un viaje mágico a Egipto.
Durante unha hora que soupo a pouco, os alumnos e alumnas preguntaron todo aquelo que un quere saber cando ten diante a alguén que vive da literatura: se iba continuar a triloxía que empezara con este libro, se se inspirara en personaxes reais, se botaba de menos o ensino... E a que non podía faltar: "Que consello lle darías a alguen que quera ser escritor?" Ao que ela contestou:" Formarse, ler moito e , sobre todo, paciencia, paciencia , paciencia.."

A escritora, antes de partir , asinou no libro de honra da biblioteca e deixounos un exemplar coas súas verbas.
Esperamos que este non sexa o derradeiro encontro con creadores de historias; queremos invitar a poetas, contacontos, periodistas... en fin , a quen teña que ver co mundo da cultura ou da comunicación.
Paciencia, paciencia, paciencia...

Ningún comentario: