30 de maio de 2013

Que che pareceron as pegadas?

Agora tes a oportunidade de contarnos cal das pegadas che gustou máis, se atopaches dúas que coincidiran do mesmo libro, se che pareceron ben feitas, se participaches ou se quedaches ás portas, se che pareceu unha boa forma de fomentar a lectura e, sobre todo, se puideches comprobar cantas desas obras tiñas xa lidas.
Entra en comentarios e deixa o teu contestando a algunha destas preguntas ou deixando o comentario que queiras. Entre todos e todas podemos facelo mellor. Ánimo!!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Gustoume moito a de Miguel Hernández, que é un dos meus poetas preferidos.
Eu tamén participei e , se hai unha segunda vez,farei outra...e moito máis traballada.

Anónimo dixo...

Pareceronme preciosas e traballadísimas. Creo que as frases escollidas son maravillosas na maioría dos casos.
Parabéns a tod@s!