17 de dezembro de 2014

BO NADAL!!!



Remata o primeiro trimestre e chegan as desexadas vacacións. Desde a biblioteca desexámosvos a todos unhas BOAS FESTAS e convidámosvos a visitar a nosa exposición sobre literatura de Nadal.




11 de dezembro de 2014

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS Contos do Samaín



Rematado o prazo de presentación de orixinais ao concurso Contos de Samaín, o xurado decidíu otorgar o premio do mesmo ao alumno de 4º de ESO Julián Ares Costa pola sús obra Antón.

PARABÉNS!!!

3 de dezembro de 2014

NOVEMBRO, MES DO TERROR



O mes de novembro adicámolo, coma outros anos, ao Samaín e a literatura de terror. 
A biblioteca volveuse terrorífica por uns días e os nosos libros e películas de terror foron protagonistas.
Lembrámosvos que durante todo o mes está aberto o prazo para participar no noso Concurso de relatos Contos do Samaín.

SAMAIN 2014 on PhotoPeach

29 de outubro de 2014

DIA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR


O Luns 27 de outubro celebrouse o Día Internacional da Biblioteca Escolar. 

Como todos os anos o alumnado de 1º de ESO baixou a coñecer en detalle o funcionamento da súa biblioteca mediante un xogo de busca ao que chamamos"Coñece a túa biblioteca", que realizaron con entusiasmo.
Noraboa e grazas a tod@s!!












15 de outubro de 2014

PREMIOS NOBEL DA PAZ 2014

A paquistaní Malala Yousafzai, a moza á que os talibáns dispararon na cabeza en 2012 por defender o dereito á escolarización das mulleres e nenas do seu país, e o activista indio Kailash Satyarthi foron galardoados o pasado 10 de outubro co Premio Nobel da Paz 2014. O comité que concede ditos premios destacou o esforzo de ambos galardoados "pola educación e en contra do extremismo"
Malala, de 17 anos, convírtese así na galardoada con menos idade da historia dos premios.

Na biblioteca tratamos a figura de Malala nunha ocasión anterior, con motivo da aparición do seu libro, e quixemos visibilizalo de novo neste momento.





30 de setembro de 2014

BENVID@S AO NOVO CURSO!!



A biblioteca do instituto continúa a súa andaina un ano máis. Benvidos!!!
 O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar en todos os ámbitos da vida dun centro educativo e busca espertar o interese polas matemáticas. 
A nosa biblioteca  está a dar vida ao lema, organizando unha exposición de materiais relacionados coas matemáticas que titulamos As Matemáticas tamén Contan, así como actividades para dar a coñecer estes materiais e sesións de xogos e acertixos matemáticos.
A disfrutar!!






19 de junho de 2014

Nos vórtices da aniquilación


A alumna de 1º de bacharelato Paula Antía Rey Baliña ven de ser galardoada co terceiro premio do VIII Certame de Poesía Xela Arias. Pero non é o único premio neste último mes. Todo comezou en maio, coa marabillosa noticia do segundo premio nos Premios Minerva na modalidade de poesía. A pasada semana, unha chamada de Anxo Angueira comunicoulle que resultara gañadora do II Concurso Escolar Rosalía de Castro, organizado pola Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés.
A noticia do Certame de Xela Arias chegou este martes. 
Dende a Biblioteca, queremos que coñezades un pouco máis a Paula e a súa extraordinaria traxectoria. Para iso, os seus compañeiros e compañeiras do Clube de Lectura fixéronlle unha entrevista para achegarvos a ela.

-Ola Paula, como estás? Nós estamos desbordados de ledicia por esta noticia.
-Ola. Estou eufórica, feliz por tantas boas novas en tan pouco tempo.

-Costouche moito decidirte a presentar os teus poemas aos concursos, facelos públicos?
-A verdade é que estes son os primeiros concursos aos que e presento e teño que confesar que me costou moito animarme a presentar os meus traballos. Sempre escribía para min como algo íntimo e foi un gran cambio comezar a abrirme cara a xente. Sigo un pouco reticente cara iso.

-Falanos dos teus comezos. Cres que naceches para isto?
-Eu sempre fun da opinión que ninguén nace poeta, senon que un poeta faise. Sempre me lembro rodeada de libros. Na miña casa lese moito e dende pequena eu tamén. Aos comezos, sempre lía prosa, pero cando cheguei ao instituto, todo cambiou. Grazas ao Clube de Lectura puiden achegarme ao marabailloso mundo da poesía a través do Obradoiro de Poesía que organizaba Rosa Enríquez. Liamos tanto aos clásicos en castelán como a autores franceses, como Prévert, ou a outros autores europeos coma Bertolt Brecht. Máis tarde comezamos a escribir. Rosa dabános ideas e a partir delas escribiamos e logo recitabamos.
Desgraciadamente, o Obradoiro de Poesía non existe máis, pero agardo estarei agradecida toda a vida por tal experiencia.

-Como é o proceso de creación dun dos teus poemas?
-Agora mesmo estou escribindo moitísimo, a calquera hora. Moitas veces escribo a partir dunha palabra e logo fórmase o poema na miña mente.

-A gran cuestión é: por que?
-Gran pregunta. Escribo, basicamente, por necesidade de plasmar sentimentos, a idea total do poema formase despois.

-Consideras aos teus poemas nunha temática definida?
-Non creo que a poesía de hoxe en día deba encadrar nunha temática definida. Trato de experimentar con distintos conceptos. Tampouco quero decir todo nos meus poemas. Quero que quen os lea sinta o poema como algo propio, que os interpreten como queiran. Creo que iso é o máis interesante da poesía.

-Falemos do futuro. Que queres facer?
-Sei que é moi dificil vivir da poesía, pero sempre estará ese desexo latente en min. Aínda así, quero estudar algunha carreira relacionada coas linguas, en principio Tradución e Interpretación.

-Seguirás escribindo toda a túa vida?
-Por suposto, pero o meu gran medo é perder toda a inspiración. Sei que a miña poesía terá que evolucionar, pero teño medo de que o faga dun xeito que non me guste.

-Paula, estamos moi agradecidos e orgullosos de ser os teus compañeiros. Grazas  polo teu tempo.


-Moitísimas grazas a vós por todo.


30 de abril de 2014

Paula Antía Rey e María Vilas premiadas nos Premios Minerva 2014




O pasado venres 25 de abril fíxose pública a resolución do xurado da XLII edición dos Premios Literarios Minerva, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente.  Este ano presentáronse 182 traballos, 117 na modalidad de narración e 65 triloxías na de poesía.
As novas para o Macías o Namorado non poideron ser mellores:
Paula Antía Rey Baliña, de 1ª de bacharelato foi galardoada có 2ª premio na modalidade de poesía e María Vilas Pazos, de 2º de bacharelato ,  cun accésit na mesma categoría.

Hoxe mércores quixemos celebrar no centro, con elas e os seus compañeiros e profesores, este grandísimo  éxito  cun fermoso acto no que interviñeron por parte do profesorado Rosa Enríquez e Manuel Lorenzo Baleirón, e as autoras recitaron os poemas premiados.
Parabéns de todo o centro a Paula e María !!!







25 de abril de 2014

Premios do Concurso de Fotografía "A Ciencia no Día a Día"



Reunido o xurado do concurso de fotografía A CIENCIA NO DÍA A DÍA formado por polos profesores Maruxa Guitián Montero, Nuria Solla Bértolo, Manuel de la Rosa Pérez e por Paula Antía Rey Baliña (alumna de 1º de bacharelato) e Brais Castaño España (alumno de 2º de bacharelato) acordou otorgar os seguintes premios:

ANDREA MARTÍNEZ RIAL (4º ESO A) pola súa fotografía 
Espectro de frecuencias de luz.
DAVID RODRÍGUEZ MIGUÉNS pola súa fotografía  
Pájaros metálicos volando al atardecer sobre las nubes.


A ENTREGA DE PREMIOS TIVO LUGAR O MÉRCORES 23 DE ABRIL (Dia do Libro) NA BIBLIOTECA.
PARABÉNS!!! 

26 de março de 2014

Visita de Ledicia Costas

 Este luns 14 de marzo contamos na biblioteca coa presenza de Ledicia Costas que presentou ao alumnado de 4º de ESO e do Club de Lectura de 2º Ciclo a súa novela O Corazón de Xúpiter
Falounos da temática da súa novela, en concreto sobre Isla, personaxe central vítima da violencia machista. Tamén nos fixo reflexionar como detrás das redes sociais poden agocharse persoas perigosas. 
Disfrutamos moito coa súa charla e co debate posterior.
Grazas!!!


Visita de Ledicia Costas on PhotoPeach

21 de março de 2014

Día da Poesía 2014

Leopoldo M. Panero (1948 - 2014)
A Sombra de Peter Pan

Hoxe 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía. Este ano adicamos este día a Leopoldo María Panero, falecido o pasado día 5. Unha selección da súa poesía está exposta na biblioteca e e será lida ao alumnado nas aulas.
Temos tamén na biblioteca poemas para agasallar. Escolle o teu!!
FELIZ DÍA DA POESÍA!!
Dia da Poesía 2014 on PhotoPeach

20 de março de 2014

Visita de Marcos Calveiro



Este mércores 19 de marzo contamos de novo na nosa biblioteca coa grata presenza de Marcos Calveiro. Nesta ocasión presentou aos rapaces de 1º de Eso e do Club de Lectura de Primeiro Ciclo a súa fermosa novela Palabras de Auga.
Disfrutamos moitísimo nesta viaxe a África. Adentrámonos no suahili, aprendemos a xogar ao bao e adentrámonos na situación das tribus africanas.
Foi un pracer, coma sempre, escoitar a Marcos. GRAZAS!!!!



20 de fevereiro de 2014

O Macías homenaxea a Rosalía de Castro

Este venres 21, o profesor e premio Xerais de novela Manuel Lorenzo Baleirón, presentará no salón de graos o seu último libro Sen agardar a Ulises.  Con el , Baleirón pretende achegar a figura de Rosalía a lectores doutras linguas. En palabras del " é importantenon perdermos esta oportunidade de ofrecerlle a nosa mellor literatura ao mundo e de achegar a outros países a personalidade e a obra que sostén a nosa construción cultural”.

A obra ‘Sen agardar a Ulises. Vida de Rosalía’, que contou co apoio da Secretaría Xeral de Cultura, inclúe unha tradución ao castelán, realizada polo propio Manuel Lorenzo Baleirón; ao inglés, da autoría de John Rutherford; e ao francés, de Christine García.

Temos unha excelente oportunidade de coñecer facetas descoñecidas da vida de Rosalía e a inmensa sorte de escoitar de novo ao noso compañeiro e profesor  do centro.



Co gallo da presentación do seu libro, o autor concedeu unha entrevista ao programa da TVG "Zig-zag" Se queres ver a entrevista clica aquí.

5 de fevereiro de 2014

30 de xaneiro DÍA DA PAZ





Nelson Mandela é a persoa a quen dedicamos este día da paz 2014 como homenaxe a toda unha vida de loita contra as cadeas da escravitude. O poema asignado a el,que remata coa frase " ..eu serei o capitán da miña alma", reflecte que cada un pode dirixir o seu destino e romper as cadeas, que ás veces son reais, mais outras están tecidas cun fío invisíbel que nos impiden ser conscientes da nosa propia escravitude.
                                     









  
 O mundo precisa moitos Mandelas, quen deixou testemuño coa súa vida do que pode supón o compromiso pola liberdade. Hoxe, por desgraza, comprobamos que a escravitude non desapareceu. Hoxe, coma antes, hai mulleres que son raptadas para seren explotadas sexualmente baixo o que coñecemos como "trata de brancas". Mafias organizadas campan ás súas anchas mentres os gobernos, xordos, cegos, mudos, non afrontan coa seriedade que merece este problema. A escravitude do século XXI existe na pel destas mulleres.








22 de janeiro de 2014

Homenaxeamos a Juan Gelman


Como sabedes, recentemente deixounos o poeta arxentino Juan Gelman. Desde a biblioteca queremos renderlle unha pequena homenaxe.

Poeta ata a medula, cantor das causas nobres, enérxico na denuncia, indignado ante a inxustiza que tanto viron os seus ollos, concibiu unha obra onde a máis pura cotianeidade cobrou altísimos valores poéticos e na que afloraron en primeira fila os nenos, o exilio e o amor.
Intelectual comprometido, cifrou o seu empeño en levantar a voz en defensa dos pobres do mundo e entendeu a poesía como fronte de resistencia ante un presente cada vez máis hostil e deshumanizante "porque todo o que pasa non está fóra do humano"

Claro que moriré y me llevarán...
claro que moriré y me llevarán
en huesos o cenizas
y que dirán palabras y cenizas
y yo habré muerto totalmente

claro que esto se acabará
mis manos alimentadas por tus manos
se pensarán de nuevo
en la humedad de la tierra


yo no quiero cajón
ni ropa

que el barro asuma mi cabeza
que sus orines me devoren
ahora
desnudo de ti



Ruiseñores de nuevo
«En el gran cielo de la poesía,
mejor dicho
en la tierra o mundo de la poesía que incluye cielos
astros
dioses
mortales
está cantando el ruiseñor de Keats
siempre
pasa Rimbaud empuñando sus 17 años como la llama de amor viva de San Juan
a la Teresa se le dobla el dolor y su caballo triza el polvo enamorado Francisco de Quevedo y Villegas
el dulce Garcilaso arde en los infiernos de John Donne
de César Vallejo caen caminos para que los pies de la poesía caminen
pies que pisan callados como un burrito andino
Baudelaire baja un albatros de su reino celeste
con el frac del albatros Mallarméva a la fiesta de la nada posible
suena el violín de Verlaine en la fiesta de la nada posible
recuerda que la sangre es posible en medio de la nada
que Girondo liublimará perrinunca lamora
y girarán los barquitos de tuñón contra el metal de espanto que abusó a Apollinaire
oh Lou que desamaste la eternidad de viaje
el palacio del exceso donde entró la sabiduría de Blake
el paco urondo que forraba en lamé la felicidad para evitarle fríos de la época
mientras Roque Dalton trepaba por el palo mayor de su alma y gritaba».







Se queredes ler máis poemas deste autor, preme aquí







14 de janeiro de 2014

Calendario do Libro e a Lectura 2014

A asociación de escritores en lingua galega (AELG) edita de novo o Calendario Profesional do Libro e da Lectura 2014, no que aparecen todas as datas a conmemorativas relacionadas coa lectura.